Lliga Regionalista

Lliga Regionalista
Dirixentes e organización
LíderBartomeu Robert i Ybarzábal
Historia
Fundación1901
Disolución1933
Posicións políticas
IdeoloxíaRexionalismo catalán, monarquismo, conservadorismo
Outros datos
SedeBarcelona
PublicaciónLa Veu de Catalunya
Na rede
BNE: XX185247

A Lliga Regionalista (en galego: Liga Rexionalista) foi un partido político catalán que representaba o catalanismo conservador e monárquico. Fundouse o 25 de abril de 1901 ao se fusionaren a Unió Regionalista e o Centre Nacional Català para se presentaren ás eleccións a Cortes, nas que tivo éxito. O seu primeiro presidente foi Bartomeu Robert i Ybarzábal. A base do seu programa era de ideoloxía conservadora e monárquica e tiña nos seus estatutos a pretensión de acadar a autonomía para Cataluña dentro do estado español. O seu voceiro era La Veu de Catalunya (1899-1936) que coexistiu coa revista satírica ¡Cu-cut! entre 1902 e 1912.


Developed by StudentB